COMPROMISO LOCAL POR UN TURISMO MÁIS SOSTIBLE

VíveoMáis

Vive un Ribadeo único a través de experiencias con impacto positivo na contorna e onde gozar máis do patrimonio natural, gastronómico e histórico deste territorio vibrante e auténtico. Descubre o que un destino máis sostible pode ofrecer: máis produto de proximidade e estacional, un consumo máis responsable de recursos, máis experiencias con sabor local. Non só visites Ribadeo: víveo máis.

Coñece os establecementos adheridos:

¿Queres saber como vivir unha experiencia máis sostible no noso territorio?

A través do Programa Ribadeo Víveo Máis os establecementos adheridos comprométense a apoiar un turismo máis sostible e máis responsable a través da implementación de medidas concretas nas experiencias que ofrecen e nos seus procesos internos.

Estas medidas estrutúranse en torno a 4 retos clave que representan os desafíos do turismo en torno ao seu impacto ambiental e social:

Desenvolvemento do territorio

Recursos naturais e biodiversidade

Cambio climático

Economía circular

Coñece os locais que che ofrecen un turismo máis responsable aquí.

Descubre o que fai cada un deles aquí.

Programa

O programa Ribadeo Víveo Máis desenvolto polo Concello de Ribadeo en colaboración cos establecementos turísticos do territorio é unha iniciativa colaborativa para impulsar un modelo turístico máis sostible en Ribadeo.

Implicando á comunidade local, ás persoas visitantes e ao tecido turístico local, podemos lograr que o turismo sexa unha actividade enriquecedora para as persoas que se achegan a Ribadeo e para a nosa contorna.

Este programa nace cos seguintes obxectivos:

01

Sensibilización sobre o impacto e as oportunidades do turismo sostible tanto nos negocios turísticos (especialmente restaurantes e aloxamentos) coma na comunidade local, no tecido económico e nos visitantes.

02

Posta en valor dos negocios comprometidos e das mellores prácticas e iniciativas xa implantadas en Ribadeo.

03

Impulso aos negocios locais na adopción de medidas máis sostibles.

04

Colaboración e creación de rede entre negocios turísticos e outros sectores, dende produción agroalimentaria ata administración pública local.

05

Pulo á percepción de Ribadeo como destino sostible, atraendo actividades e persoas que opten por un turismo de alta calidade, innovador, rexenerativo e consciente.

Este programa é unha declaración de compromiso coa sostibilidade dos negocios turísticos de Ribadeo, aberta ao o tecido local, poñendo en valor o territorio e promovendo outras futuras iniciativas. ¿Tes algunha idea sobre como impulsar un turismo máis sostible en Ribadeo? Por favor envía as túas propostas e suxestións a adl@ribadeo.org.

Ribadeo por un turismo máis sostible

¿Como impulsar un turismo máis sostible, que reduza a súa pegada ambiental, que protexa o patrimonio local, que faga un uso responsable dos recursos e que xere beneficios para a comunidade á vez que ofrece experiencias turísticas atractivas?

O Programa Ribadeo Vídeo Máis estruturase en 4 retos clave, ata 14 liñas de acción e 35 iniciativas concretas.

Os 4 retos clave representan catro desafíos que o turismo sostible ten que encarar no seu impacto social e ambiental, convertendo os efectos negativos do territorio en oportunidades de xerar riqueza e impacto positivo:

víveomáis

¿Queres saber máis sobre como o turismo impacta nestes 4 retos e como visitando o noso territorio podes vivir unha experiencia máis sostible?

Aquí encontrarás máis información.

En cada reto, definíronse unha serie de liñas de acción a través das cales os establecementos turísticos de Ribadeo poden contribuír a desenvolver un turismo máis sostible. Lonxe de ser un listado exhaustivo, as liñas de acción recollen oportunidades de mellora clave para actuar dentro destes 4 retos. Dentro de cada liña de acción recóllense iniciativas concretas que os establecementos poden implementar no referido a produtos e servizos, persoas traballadoras, provedores, procesos, organización, comunicación , comunidade ou alianzas.

Cada establecemento adherido asina unha declaración responsable e cumprimenta un cuestionario de autoavaliación público. Todos os establecementos adheridos cumpren 5 iniciativas obrigatorias e un mínimo dun 33% das iniciativas do Programa.

Atopa os locais que forman parte de Víveo Máis aquí.

¿Es un establecemento ligado ao turismo en Ribadeo e queres participar no Programa Víveo Máis?

¿Queres impulsar a sostibilidade no teu negocio?

Consulta algunha das ideas sobre facelo aquí.

¿Queres adherirte ao Programa?

Esta iniciativa nace con vocación de continuidade, sendo a adhesión e a permanencia totalmente voluntaria por parte dos negocios. A formalización do compromiso para os establecementos que queiran participar, faise a través dun cuestionario de autoavaliación e unha declaración responsable.
Consulta as bases aquí.

Requisitos mínimos:

Ser unha actividade económica ligada hostalaría ou restauración

Ter domicilio fiscal ou sede do negocio no Concello de Ribadeo

Cumprimentar o cuestionario de autoavaliación e asinar a declaración responsable

Levar a cabo as iniciativas obrigatorias do Programa Víveo Máis

Levar a cabo o 33% do total das iniciativas do Programa Víveo Máis

Proceso de adhesión:

1. REXISTRO: Todos os establecementos que desexen adherirse ao Programa deberán presentar no rexistro na sede electrónica do Concello coa documentación requirida

Declaración responsable

Cuestionario de autoavaliación

2. VALORACIÓN DA DOCUMENTACIÓN: Tralo rexistro a entidade recibirá un email confirmando a preinscrición no programa. Este email non suporá en ningún caso a adhesión definitiva ao programa.
Realizarase a comprobación da cumprimentación correcta da documentación aportada.

3. ADHESIÓN: Notificarase ás persoas/entidades admitidas no Programa ao email indicado no rexistro, achegando ademais a Guía do Programa e os arquivos coas imaxes para difusión, e poderán recoller no Concello os soportes identificativos do programa.

4. DIFUSIÓN: Incorporarase ao directorio e ao mapa do Programa a nova entidade. A entidade deberá cumprir cos compromiso de difusión do programa, online e offline, segundo a Guía do Programa.

As liñas de acción e as iniciativas concretas están abertas a achegas polos participantes, que serán valoradas polo comité de xestión e que poderán ser incluídas en futuras versións do programa, podendo facelas chegar a través do email adl@ribadeo.org ou chamando a 982128650 (Área de Desenvolvemento Local).